Ir al contenido principal

Novembro e decembro, meses da Ciencia en galego na nosa Biblioteca

A ciencia tamén pode ser en galego e no Xelmírez I quixemos visibilizala. O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, coordinado polas súas profesoras Rosa Blanco e Isabel Blanco, elaboraron dúas exposicións que puidemos ver estes meses nos corredores do centro e na nosa biblioteca. 

O alumnado de 4º ESO destacou cada día do mes de novembro unha efeméride relacionada coa data. Os rapaces e rapazas de 1º Bacharelato foron os responsables de Ciencia que fai historia, unha liña do tempo científica que recolle información das principais científicas e científicos dende a Idade Antiga ata o século XX.

Co fin de rendibilizalas e afianzar coñecementos, o profesorado realizou posteriormente un kahoot co que xogaron distintos grupos da ESO e do Bacharelato. 

Agardamos que o vindeiro ano nos traia 365 días de Ciencia en Galego!  

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito