Ir al contenido principal

Bibiana Candia contesta o cuestionario lector de Palabras Compartidas

     

O último libro que liches… Ellis Island, de Georges Perec.

O libro que mudou o teu xeito de pensar… O maestro e Margarita, de Bulgakov.

Un libro que relerías… sempre volvo aos Diarios de Franz Kafka.

Un libro que recomendarías… a miña recomendación máis que dun libro é dunha autora:  Agota Kristof.  A súa triloxía Claus e Lukas é extraordinaria e, para quen prefira algo máis lixeiro,  recomendaría tamén La analfabeta, as súas memorias.

Un dos primeiros libros que liches na escola… libro completo seguramente foi Memorias dun neno labrego, antes diso lémbrome de ler poemas soltos de Cantares Gallegos.

O libro que non remataches de ler… Los detectives salvajes, de Roberto Bolaño.

A autora ou o autor do que máis libros tes… Gonçalo M. Tavares.

Un libro que esteas a ler… Los astronautas, de Laura Ferrero (estará oficialmente á venda nun par de semanas, creo)

Un libro que levas tempo querendo ler… Sombras sobre el Hudson de Isaac Bashevis Singer.

Que cita literaria che gustaría compartir...

“A loita do ser humano contra o poder é a loita da memoria contra o esquecimento” Milan Kundera, El arte de la novela.

Moitas grazas, Bibiana, agardámoste na próxima! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito