Ir al contenido principal

A biblioteca abre as xanelas con Tecendo Identidade(s) na II República

Leais ao principio republicano que facía das bibliotecas centros dinamizadores da cultura e do saber, rematamos o curso amosando ao conxunto da comunidade educativa os excelentes traballos desenvolvidos por dezasete departamentos debaixo do paraugas "Tecendo Identidade(s) na II República".

Para iso contamos con dúas convidadas de honra, Clara Campoamor e Victoria Kent (moi ben interpretadas por Lupe e Ana Otero), que escenificaron a encarnizada batalla política que houbo que librar nos anos 30 para conseguir un dereito que hoxe nos parece incuestionable: o voto feminino. 

No mesmo acto o alumnado de 3º ESO presentou a edición do nº 14 da Revista Mujeres Libres, que foi a primeira publicación reivindicadora da liberación de xénero e que, quizais por iso, viu interrompida a súa edición co estoupido da guerra civil.


E Maruxa e Coralia Fandiño Ricart tamén quixeron participar amosando ao público o Xelminovas republicano feminista, Xogamos a estar vivas? no que exercen de presentadoras Alexandra Pájaro e Xiana Sande. 

A  mostra completouse cun percorrido expositivo na Biblioteca do centro, no que non faltou un photocall Atlántico que poñía de manifesto a conexión galegoirlandesa deste período, así como unha exposición de carteis.  O Atlantismo tamén foi abordado nas aulas de Alemán cun rigoroso mapa interactivo que establece as relacións entre a Generation Wir e a Xeración Nós, e nas aulas de portugués coa unidade didáctica Um sonho compartido. 



A metodoloxía educativa das Misións Pedagóxicas tomou corpo nos Cadernos de Xeografía da II República.

Así como na Escola da Vida de Bioloxía, con diversas mostras de traballos realizados na Aula Bosque e na Aula Río. 

 

 A conexión republicana con Francia, as científicas que seguiron a luz invisible de Dorotea Barnés, as mulleres galegas que nos precederon e que abriron camiños para nós, o gasto social na Compostela republicana e o que nos contan os carteis sobre este período histórico realizados nas Aulas de Debuxo Artístico, completaban a mostra.

A exposición física complementouse cun número significativo de produtos audiovisuais realizados polo alumnado, en materias como Educación Física, Filosofía- Historia, Lingua Galega.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito