Un regalo

Elena González, alumna do prácticum do máster en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato da USC, asistiu a semana pasada á presentación da biblioteca canda as súas compañeiras e compañeiros. Nada máis rematar o acto, dirixiuse a un membro do equipo da biblioteca para consultarlle a posibilidade de facer unha doazón.

Poucos días despois, entregou dous lotes de libros -sobre todo de banda deseñada- e de películas -en formato DVD- que van enriquecer os fondos de que dispón o instituto.

Grazas a Elena pola xenerosidade con que vive o seu amor á arte! Co seu bo humor, a súa vocación e o seu civismo, vai ser, sen dúbida ningunha, unha magnífica profesora do ensino público.




Ningún comentario:

Publicar un comentario