Unha biblioteca escolar non é só unha restra de andeis cheos de libros

 A profesora Sagrario Torrado, membro do equipo da biblioteca, acaba de publicar con Adrián Noia, antigo alumno do instituto, un fermoso artigo na Revista Galega do Ensino:

"Moitas foron desde 2012 ata hoxe as actividades da biblioteca do instituto nas cales participou o grupo de teatro: lecturas dramatizadas, representacións de microteatro, clubs de lectura, entrega de premios de banda deseñada (AX1), de ensaio subversivo (Guillermo Domínguez), Premio Breviter de microrrelatos, recitais poéticos, exposicións, realización de vídeos, podcasts, documentais, presentación de libros (O país dos raposos, de Adrián Noia, en 2022; O navegante, de Tristán Ron, en 2023; e Querer non é poder, de Noela Rivas Cantelar, en 2023) etc. Porque unha biblioteca escolar non é só unha restra de andeis cheos de libros, é un centro de coñecemento, un estímulo intelectual, un lugar de inspiración, punto de encontro e de fomento da lectura e da cultura."

Aquí podemos ler o artigo: "As mil caras do teatro. Cando un libro se converte en punto de encontro no escenario"

 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario