O vindeiro venres, 28 de febreiro, para celebrar o Entroido, no IES Arcebispo Xelmírez I organizamos un concurso de disfraces entre o alumnado da ESO.
A temática do certame é CONTOS POPULARES DO MUNDO. Para participar, os grupos deberán realizar unha coreografía e/ou representación na que se amosen as súas creacións, que en todo cas deben ser apropiados para un ambiente escolar, de forma que non promovan a violencia ou a discriminación.
O xurado estará composto por profesorado, persoal non docente, un membro do equipo directivo e alumnado de ciclos e terá en conta os seguintes criterios para seleccionar o grupo gañador:
- Creatividade e orixinalidade tanto na creación dos difraces como na posta en escena.
- Grao de vinculación do disfrace á nosa cultura e tradicións.
- Respecto e igualdade: premiarase que o disfrace respecte o criterio de igualdade e evite representacións sexistas ou que sexan prexudiciais para a convivencia escolar (aqueles disfraces que inciten a comportamentos machistas, xenófobos ou que fagan apoloxía de calquera outro prexuízo serán penalizados).
- Calidade: o traballo manual, os materiais empregados e a presentación do disfrace.
- Elección da música e execución da coreografía ou representación.
- Número de participantes.
O premio consistirá nunha saída de un día. Ademais haberá outros premios para os grupos gañadores de cada nivel da ESO.
Este certame está organizado polo EDL, en colaboración co Equipo de Igualdade, o Equipo de Convivencia, o Equipo da Biblioteca (RadioClic!) e o alumnado e profesorado de Ciclos Formativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario