A batalla da fin do mundo

Contan as lendas que a fin do mundo chegará antes do que pensamos. Os prognósticos anunciarana en forma de pestes, guerras, fames, secas, ausencia de criaturas, enfermidades descoñecidas, e choiva de sangue.... Ah! e un diluvio de lume.


Amais disto, haberá unha gran batalla, afirma Vicente Risco, unha guerra de nenos e nenas, pois daquela xa non haberá persoas adultas.


Vai no dentista representou este mércores 21 de maio unha peza teatral, baseada na nosa tradición oral, e na que pretende amosar, a través do xogo e a diversión, unha realidade cruel e tan cotiá que acaba por instalarse e normalizarse na nosa vida e nas vidas das crianzas, igual que aqueles outros sinais, que por tan correntes nos impiden ver que  A batalla da fin do mundo se achega.




Ningún comentario:

Publicar un comentario