Desta volta, grazas á colaboración do Equipo da Biblioteca, EDL e os departamentos de Alemán, Música e Xeografía e Historia, desenvolvemos un completo programa de actividades no que o alumnado tivo un papel moi activo. Velaquí:

Levaban cadansúa unidade didáctica para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato que permitiu traballar a II Guerra Mundial e o Holocausto nas aulas de Historia.
2. Visitas guiadas á exposición para o resto do alumnado do centro.
3. Encontro con Daniel Edelstein, profesor de Física de Partículas na USC, cuxa familia padeceu a persecución nazi.
4. Emisión do único concerto gravado no campo de concentración de Auschwitz, un fragmento da Sinfonía nº 3, Op. 36, Sinfonía das cancións doentes ou Sinfonía das lamentacións, composta por Henryk Górecki en Katowice, Polonia, 1976. Escrita para orquestra e soprano, que canta un texto polonés distinto en cada un dos tres movementos: no primeiro, un lamento atribuído á Virxe María escrito no século XV; no segundo unha mensaxe escrita na parede dun cárcere da Gestapo durante a II Guerra Mundial; no terceiro unha canción dunha nai que busca ao seu fillo asasinado. Emitimos o segundo movemento, escrito dende a perspectiva do fillo que é separado dos seus pais.
5. Nas aulas, o profesorado das distintas materias seleccionaron co seu alumnado dúas imaxes en branco e negro: unha delas do período da II Guerra Mundial e outra de actualidade (campos de concentración, campos de refuxiados...).
6. Simbolicamente, o alumnado de música subiu á Galipedia información sobre compositores e compositoras xudeus cuxas carreiras e vidas foron tronzadas polo nazismo: Pavel Haas, Viktor Ullmann, Gideon Klein e Ilse Weber.
Que a visión da dor contribúa a formar conciencias críticas e impida a barbarie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario