Ir al contenido principal

Celebramos o Día Internacional da Lingua Inicial


“Para fomentar o desenvolvemento sostible, os educandos deben ter acceso á educación na súa lingua materna e noutros idiomas. É a través do dominio da primeira lingua ou lingua materna que se adquiren as habilidades básicas de lectura, escritura e aritmética. As linguas locais, especialmente as minoritarias e indíxenas, transmiten culturas, valores e coñecementos tradicionais, desempeñando así un papel importante na promoción dos futuros sostibles”.
                                                                                                                               UNESCO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez, co desexo de converter este día nunha xornada festiva que convide á reflexión, deseñamos un completo programa de actividades do que vos damos conta a seguir. A nosa gratitude para todo o profesorado e o alumnado que coas súas achegas o fixo posible.

1. Relatorio de Max Jean Zins, xeopolítico e director de inventigación honorario do Centro Nacional de Investigacións Científicas. Asistirá o alumnado  de 1º bacharelato A e B.  

2. Relatorio A ciencia das letras, impartido por Jorge Mira, Catedrático de Electromagnetismo na facultade de Física. Asistirá o alumnado de 1º bacharelato C e D. 

3. Microteatro. Actores e actrices do noso grupo de teatro Vai no dentista, dirixidos por Daniel e Sagrario Torrado, interpretarán  seis obras miúdas baseadas en textos de Séchu Sende, Fran Alonso e Manuel Núñez Singala. 

  • "Estudo sociolingüistico sobre a mocidade baixo os efectos das drogas": Daniel Baamonde, Mario Magariños, Irene Ouzande, Brais Vila e Sagrario Torrado.
  • " A vendedora de palabras": Catalina Figueroa e Cristina Garea.
  • "Desviación de chamada": Martín Becerra e Ereyusalem Fernández.
  • "Na oficina de obxectos perdidos": Martín Becerra e Ereyusalem Fernández.
  • "Pais e fillos": Aitana Suárez e Iria Vázquez. 

 4.  Reparto das chapas que resultaron gañadoras no I Concurso de Deseño de Chapas, e exposición das mellores propostas presentadas ao certame.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito