Ir al contenido principal

Luns visítannos Xulia Alonso, María Solar, Marta López e Luísa Martínez

Hoxe será un luns literario!

A actitude que me impresionaba na miña avoa Rosa, o que me facía mirala, escoitala, prestarlle toda a miña atención sen saber exactamente o por que era a súa dignidade, a súa capacidade de reivindicar o dereito á memoria, de non renegar, de non ocultar, de non esquecer, de lembrar en voz alta nomes e acontecementos que entón se escondían na sombra do silencio.
Coa mesma actitude digna e valente da avoa Rosa, Xulia Alonso, que hoxe terá un encontro literario cos seus lectores e lectoras de 1º bacharelato, escribe este relato autobiográfico. Nel relata a súa baixada ao Inferno das drogas que gobernaron por un tempo a súa vida e as súas decisións.
Amor e morte percorren as páxinas da obra. A forza do amor non é quen de impedir a morte, pero permitiralle a Xulia transformar a Nada e reconstruír os elos entre pasado e presente para legarlle a Lucía e a todos nós unha historia chea de vida.

E o alumnado de 4º ESO poderá falar de Ciencia e Literatura con María Solar, Luísa Martínez e Marta López (CSIC).




Co M de María, podiamos escoller a MAZÁ verde do principio da novela, verde e recendente, pero imos quedar co nome da autora, MARÍA,  quen naceu en Compostela un 25 de decembro de 1970 e que ten tempo para escribir unha boa morea de títulos, para acompañarnos en charlas como as de hoxe, así como  para presentar e coordinar a área de Cultura da Radio e Televisión Galega. ALUCINANTE!

Co A, eliximos ALEITAR, o que fixo Candela con Concha e Esperanza, a súa filla, na procura da supervivencia e da ilusión por volver ter con ela ao primoxénito abandonado por obriga, Ezequiel.

Co R, REAL EXPEDICIÓN FILANTRÓPICA DA VACINA, á que tanto lle debemos, pero... deixamos xa esta pregunta no aire,  actuou só cunha fin altruísta ou había algo máis?

Co I, dous nomes, dúas mulleres, ISABEL E INÉS. Mulleres bravas, mulleres fortes, mulleres galegas.

Co A, A CORUÑA, de onde partiu o barco e AMÉRICA, a onde chegou.

Co S, tiñamos para escoller Salvany ou os sinais de pedida, pero preferimos o SILENCIO, ese que mantén na escuridade e no anonimato o labor sabio e imprescindible de moitas mulleres como Isabel Zendal, tan inxustamente ignoradas pola Historia e que é de xustiza recuperar.

Co O, OMS (Organización Mundial da Saúde)que no 1980 declarou o planeta Terra zona cero de varíola.

Co L, LIBROS, os que Ezequiel descubriu no despacho-biblioteca do doutor e que lle abriron os ollos a outro mundo distinto ao do hospicio.

Co A, AMIZADE, a dos fíos tecidos entre Clemente e Ezequiel, e que demostra que a familia non é só a sanguínea.

Co R, ROYBIANES, o doutor Posse Roybanes, home bo e bo home, que cre na ciencia, no progreso e traballa a eito pola saúde e o benestar do ser humano.

Pero co R  tamén pode ser RETO, o que levou a erradicar esta enfermidade e ao que día a día se enfrontan moitas persoas adicadas en corpo e alma á ciencia como MARTA LÓPEZ E LUISA MARTÍNEZ. Sen elas non é posible o avance dunha sociedade moderna, na que é preciso un investimento maior e mellor. Por iso,  GRAZAS polo voso traballo .


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito