O alumnado de 2º ESO felicítanos o día cunha selección de citas sobre as bibliotecas.
Unha biblioteca é un lugar onde aprender o que os mestres tiñan medo a ensinar.
Alan M. Dershowitz
A biblioteca é máis democrática que calquera institución porque ninguén pode dicirche que ler, nin cando, nin como.
Doris Lessing
O amor ás bibliotecas, como a maioría dos amores, débese aprender.
Alberto Manguel
Se cerca da biblioteca tedes un xardín, xa non vos faltará nada.
Cicerón
En ocasións, penso que o premio dos que escribimos dorme, tímido e virxinal, no confuso corazón do lector máis lonxano.
Camilo José Cela
A miña patria é o meu fillo e a miña biblioteca.
Roberto Bolaño
Hai quen non pode imaxinar un mundo sen paxaros, hai quen non pode imaxinar un mundo sen auga; polo que a min se refire, son incapaz de imaxinar un mundo sen libros.
Jorge Luís Borges
Google pode darche 100.000 respostas, o bibliotecario pode darche a correcta.
Neil Gaiman
Agustín Fernández Paz
Polo grosor do po nos libros dunha biblioteca pública pode medirse a cultura dun pobo.
Onde hai unha biblioteca hai unha luz.
Agustín Fernández Paz
As bibliotecas son as portas de entrada ao universo.
Jackie Anton
Unha biblioteca non é un luxo, senón unha das necesidades da vida.
Henry Ward Beecher
Vin que o máis valioso da miña carteira é o meu carné da biblioteca.
Laura Bush
Sempre imaxinei que o paraíso sería algún tipo de biblioteca.
Jorge Luís Borges
Temos palabra, temos literatura, logo temos mundo!
Mercedes Queixas Zas
Nas bibliotecas cúrase a ignorancia, a máis perigosa das enfermidades e a orixe de todas as demais.
Non hai nada máis pracenteiro ca explorar unha biblioteca.
Walter Savage Landor
As bibliotecas están cheas de ideas, quizais sexa a máis poderosa e perigosa das armas.
Sarah J. Maas
O club de lectura e a biblioteca son unha unidade de emoción onde todo suma e nada exclúe.
Manuel Rivas
O libro que xace inane nun andel é munición desperdiciada.
Henry Miller
Comentarios
Publicar un comentario