Ir al contenido principal

Falando de O último barco




Magnífico o pouso que deixou a xuntanza arredor de O último barco. Domingo Villar non puido asistir ao noso centro pero respondeu amablemente o cuestionario lector de Palabras Compartidas que queremos compartir con vós. 



Igrexa de Tirán
 1.   O último libro que liches...
Sálvora, de Julio Vilches.
2.   O libro que mudou o teu xeito de pensar...
Foron dous: Gaia, de James Lovelock e os Ensaios, de Montaigne.
3.   Un libro que relerías...
Releo cada non demasiados anos A illa do tesouro, de Stevenson.

4.   Un libro que recomendarías.
Dos recentes recomendaría Una lección olvidada, de Guillermo Altares e máis Herido leve, de Eloy Tizón.  Se ten que ser novela recomendaría Cualquier otro día, de Dennis Lehane (malia non ser tan recente coma os outros).
5.   Un dos primeiros libros que liches na escola...
Charlie e a fábrica de chocolate de Roal Dahl.
6.   O libro que non remataches de ler...
7.   A autora ou o autor do que máis libros tes...
Andrea Camilleri.
8.   Un libro que esteas a ler...
El río baja sucio, de David Trueba.
9.   Un libro que levas tempo querendo ler...
Doctor Zhivago, de Pasternak.
10.   Que cita literaria che gustaría compartir...
“A virtude non consiste en facer grandes cousas, senón en facer ben as cousas pequenas”. É unha cita de Michel de Montaigne.  

Velaquí tamén o enlace á arquitectura perdida de Vigo, destruída en nome do progreso, e á que o autor rende homenaxe en O último barco.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito