Ir al contenido principal

Certame de Fotografía Matemática

Recorda que mañá remata o prazo do Certame de Fotografía Matemática convocado pola nosa biblioteca e o Departamento de Matemáticas!





























BASES: 


1. Participantes. Poderá concursar calquera membro do alumnado que presente unha obra inédita, que non fora premiada ou seleccionada noutros certames. 

2. Tema. O tema é a relación da nosa contorna coas matemáticas. As imaxes deberán estar relacionadas co mundo matemático nas súas múltiples manifestacións (xeometría, mosaicos, simetrías, cálculo numérico, estatística e azar...)

3.  Datos ténicos:
  •     As fotografías poderán ser en branco e negro ou en             cor. Presentaranse en formato dixital JPG ou TIFF, coa máxima         calidade.
  •    Deberán levar cadanseu título que faga referencia de maneira orixinalao contido matemático da obra, así como unha breve descrición dos elementos matemáticos que o autor ou autora tentou captar.
  •       O número de imaxes por participante é ilimitado.
  •       Acéptanse retoques fotográficos, pero non fotomontaxes.

4.  Prazo de entrega. O prazo límite de entrega é o 29 de novembro. 

5. Presentación. Deberán presentarse na biblioteca do instituto ou    enviarse ao enderezo de correo: biblioxel1@gmail.com. Xunto coa    imaxe achegarase un arquivo no que figuren o nome e apelidos da   persoa que a envía e curso ao que pertence.

6.   Premio. O gañador ou gañadora recibirá unha calculadora científicaA   fotografía imprimirase en formato A3, enmarcarase e pendurarase nun   lugar visible do centro xunto co nome do autor ou autora e o curso   académico ao que pertence.

7.   Exposición. Co conxunto das imaxes presentadas realizarase unha     exposición.

8.   Xurado. Estará constituído por seis membros do profesorado e tres do alumnado do IES Xelmírez I. O premio poderá ser declarado deserto ou, se pola contra a calidade dos traballos o require, engadirse accésits.

9. Todas as obras pasarán a ser propiedade do Departamento de Matemáticas do Xelmírez I, que poderá facer uso das mesmas con fins educativos sinalando, en todo caso, o nome do autor/a.

10.   A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito