21 Días co Galego e+ no IES Xelmírez I

Celso Fernández Sanmartín, o noso grupo de teatro Vai no dentista e o alumnado que asistiu ao obradoiro de baile tradicional foron os encargados de pechar hoxe os 21Días co Galego e+ no IES Xelmírez I.

Quedan atrás catro meses de traballo intenso que deixan un pouso agradable. O material gráfico non é quen de recoller a emoción dun proxecto no que alumnado, profesorado, persoal non docente e familias traballaron conxuntamente e deron, con largueza, o mellor de si.

Agardamos que, dende o respecto polo propio, contribúa a crear unha cidadanía máis crítica, máis segura de si, e máis competente para elixir libremente a lingua na que queira expresarse. 











Ningún comentario:

Publicar un comentario