III Certame de microrrrelatos convocado por PuntoGal e pola RAG


Quita a escritora/or que levas dentro e participa no certame de microrrelatos convocado pola RAG!
Recorda que o prazo de presentación remata o 29 de febreiro

SOBRE OS TEXTOS
  • Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos.
  • O tema dos microrrelatos é libre
  • Cada participante poderá presentar un único microrrelato
  • As obras terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído) en letra Arial 12 e 1,15 puntos nas interliñas

PREMIOS DA CATEGORÍA XUVENIL

Primeiro premio: Play Station 4, un lote de libros xuvenís, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.

Segundo premio: Kindle, un lote de libros xuvenís, un dominio gratuíto.gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.

Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario