Queremos para o noso alumnado unha sociedade igualitaria e xusta, e non temos dúbida de que a educación é unha arma poderosa para acadala.
As actividades sucedéronse e seguen a sucederse no centro ao longo destes días: unha vitrina coeducativa, un mural con 25 citas literarias no que o alumnado toma a iniciativa e reacciona en primeira persoa contra cada unha delas, un photocall que seguirá activo varios días, moito traballo de aula e xuntanza colectiva para a lectura dun manifesto, elaborado polo profesor Jorge Castro, no que se reivindica o espazo para unha nova masculinidade.
Os homes do Xelmírez I souberon ver que esta é tamén a súa loita. Grazas a todos por ser aliados, e o noso recoñecemento particular a Jorge Castro e ao alumno Antón Carballal polo manifesto. Percorreremos xunt@s o camiño cara a un futuro mellor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario