Se o luns foi un planetario instalado no patio do centro o que espertou a curiosidade da rapazada de 1º Ciclo da ESO, o xoves e o venres o alumnado de 1º ESO realizou un escape room deseñado polo seu profesor Antonio González Méndez. Cumpría resolvelo rápido porque unha terrorífica araña axexaba ameazante...
Nos próximos días teremos aínda na biblioteca unha cámara de néboa, exposicións e experimentos científicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario