A programación das emisoras de radio municipais galegas (Radiofusión) iniciou esta segunda feira un proceso participativo para escoller antes do remate deste 2021 o "Libro galego do ano".
Para poder participar empregarán as súas redes sociais de twitter (Radiofusionga e Radio Fene) facebook (Radiofusión e A Fenestra de Radio Fene) e Instagram (Radio Fene).
Como agasallo, entre as persoas participantes sortearanse 5 lotes de 5 libros cada un. O período de votación está aberto ata as 12 horas do xoves 30.
A sexta feira 31 de decembro darase a coñecer o Libro Galego do Ano 2021 e máis as 5 persoas participantes afortunadas que recibirán o agasallo.
Le a nova enteira en Nós Diario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario