Vinte preguntas, o gran xogo dixital da cultura popular galega

 

Nace Vinte Preguntas, o gran xogo da cultura popular galega que vén de presentar VINTE. É dixital, e está pensado para xogar en calquera dispositivo, dende o ordenador de sobremesa ao teléfono. Pódese xogar de maneira individual ou con ata 4 participantes, sempre que todos estean xuntos.

Cada persoa que xogue conta con catro quendas de cinco preguntas con distintas dinámicas e nivel de dificultade. Pódense acumular puntos positivos e negativos, e quen máis positivos teña é quen gaña. As preguntas abordan a cultura popular galega de amplo espectro: da música aos deportes, pasando pola historia recente, o cinema ou historias cotiás das nosas vilas e cidades. 

Anímate e xoga cos teus, sen  saír da casa e combatendo a COVID.

Ningún comentario:

Publicar un comentario