Ir al contenido principal

27 de xaneiro: Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto

 

Conmemorar a barbarie, amosala para evitar que se volva repetir, velaquí o principal obxectivo da exposición que hoxe inauguramos na Biblioteca do IES Xelmírez I.

Realizada polo profesorado de alemán (Sagrario Torrado- Laureano Araújo), Historia (Lucas Espasandín- Alba Serén) e Filosofía (Uxía Martínez Suárez), no marco do proxecto Tecendo Identidade(s), dá a coñecer o que lles aconteceu aos xudeos alemáns na década dos anos 30.  

A mostra, aberta a toda a Comunidade Educativa, organízase arredor de catro temas: 

  • Os xudeos de Alemaña na República de Weimar
  • A política antixudía na alemaña nazi (1933-1938)
  • A reacción xudía ás políticas antixudías nazis
  • A “Kristallnacht”, do 8 ao 9 de novembro de 1938

Ademais, unha parte da exposición pon en relación as xuderías galegas e as do conxunto da Península Ibérica co destino sufrido polos xudeos do Holocausto. Estes, expulsados en 1492, fuxiron a Grecia, Turquía e Europa do leste, levando canda si a nosa cultura, e volvendo sufrir alí a persecución nazi.

A exposición agocha moita información relevante baixo os códigos QR de cada un dos paneis. Curiosas son as historias das xudarías galegas e curiosa e cruel a historia dos sambenitos de Tui: 5 lenzos, con 14 penitenciarios; as teas, adornadas coa  cruz de Santo André, teñen na parte inferior o nome da persoa, o ano do proceso e a acusación de xudeo.




Comentarios

  1. É un luxo que o noso alumnado teña a oportunidade de visitar esta exposición, que na súa maioría se compón de materiais adquiridos no museo Yad Vashem, a institución oficial israelí constituída para lembrar o Holocausto e as súas vítimas. Impresiona comprobar a cantidade de materiais que nesta institución foron recuperando ao longo dos anos, e que van desde memorias de afectados e/ou das súas familias e a versión de testemuñas, ata anacos de papel escritos polos deportados xudeus e lanzados polos respidadoiros dos vagóns dos trens que os conducían aos campos de concentración.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por suposto! Moitos parabéns aos docentes que dedicaron o seu tempo e os coñecementos para levala a cabo.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Nin caladas, nin submisas, nin illadas!

Unha muller debería ser dúas cousas: quen e o que ela queira.  Coco Chanel E as nosas alumnas puxéronlles rostro... Por todas as que abriron camiño antes de nós e por todas as que han vir!  

Falamos de Eternity con Xosé Monteagudo

A importancia da elección dos esquemas e procedementos narrativos, o proceso da escrita, as relacións interpersoais, o nacemento desta obra... foron algúns dos temas abordados na sesión de onte.  Grazas, Xosé, pola proximidade e a calidez da conversa. Grazas, Carme Moure, polas túas magníficas vitrinas, e, benvida, Ana, á familia lectora do Xelmírez.   E achegámonos á obra de Xosé Monteagudo co:   E - Co E de Eternity , esa empresa que nos sorprende porque fai a eternidade asequible para todo o mundo, (cen euros non semella un alto prezo para garantir a memoria eterna), unha startup que crea o seu propio mercado, cunha idea novidosa, e un carácter temporal, facendo xurdir ao mesmo tempo unha necesidade e o medio de satisfacela. Co E de etiquetas , que se van tecendo cos fíos caprichosos do destino e que deveñen unha especie de nicho cun epitafio de serie. Cal escolleriamos para ler? “ Nómades” “Amor” “Loita e compromiso” “Vidas tráxicas ? Co E de esencia, a esencia do

Carlos Meixide contesta o noso cuestionario lector

  Onte foi un día intenso, con xuntanza de clubs de lectura e actividades que vos iremos achegando en próximas entradas. Visitounos Carlos Meixide   e contestou o noso cuestionario lector. Velaquí:  1. O último libro que liches... Pasar , de Nella Larsen. 2 . O libro que mudou o teu xeito de pensar... París, capital da modernidade , de David Harvey. 3. Un libro que relerías... A Educación Sentimental, de Gustave Flaubert. 4. Un libro que recomendarías... Os contos completos de Chejov , ou autoras como Virgina Woolf e Katherine Mansfield. 5. Un dos primeiros libros que liches na escola... A nosa Cinza , de Xavier Alcalá. 6. O libro que non remataches de ler... El libro negro, de Orhan Pamuk. 7. A autora ou o autor do que máis libros tes ... Eça de Queirós e Émila Zola (colecciono edicións en francés das novelas dos Rougon-Macquart). 8. Un libro que esteas a ler... Estou a ler: Lancha rápida , de Renata Adler; El corazón de Inglaterra, de Jonathan Coe e Los Eu