Ir al contenido principal

27 de xaneiro: Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto

 

Conmemorar a barbarie, amosala para evitar que se volva repetir, velaquí o principal obxectivo da exposición que hoxe inauguramos na Biblioteca do IES Xelmírez I.

Realizada polo profesorado de alemán (Sagrario Torrado- Laureano Araújo), Historia (Lucas Espasandín- Alba Serén) e Filosofía (Uxía Martínez Suárez), no marco do proxecto Tecendo Identidade(s), dá a coñecer o que lles aconteceu aos xudeos alemáns na década dos anos 30.  

A mostra, aberta a toda a Comunidade Educativa, organízase arredor de catro temas: 

  • Os xudeos de Alemaña na República de Weimar
  • A política antixudía na alemaña nazi (1933-1938)
  • A reacción xudía ás políticas antixudías nazis
  • A “Kristallnacht”, do 8 ao 9 de novembro de 1938

Ademais, unha parte da exposición pon en relación as xuderías galegas e as do conxunto da Península Ibérica co destino sufrido polos xudeos do Holocausto. Estes, expulsados en 1492, fuxiron a Grecia, Turquía e Europa do leste, levando canda si a nosa cultura, e volvendo sufrir alí a persecución nazi.

A exposición agocha moita información relevante baixo os códigos QR de cada un dos paneis. Curiosas son as historias das xudarías galegas e curiosa e cruel a historia dos sambenitos de Tui: 5 lenzos, con 14 penitenciarios; as teas, adornadas coa  cruz de Santo André, teñen na parte inferior o nome da persoa, o ano do proceso e a acusación de xudeo.




Comentarios

  1. É un luxo que o noso alumnado teña a oportunidade de visitar esta exposición, que na súa maioría se compón de materiais adquiridos no museo Yad Vashem, a institución oficial israelí constituída para lembrar o Holocausto e as súas vítimas. Impresiona comprobar a cantidade de materiais que nesta institución foron recuperando ao longo dos anos, e que van desde memorias de afectados e/ou das súas familias e a versión de testemuñas, ata anacos de papel escritos polos deportados xudeus e lanzados polos respidadoiros dos vagóns dos trens que os conducían aos campos de concentración.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Por suposto! Moitos parabéns aos docentes que dedicaron o seu tempo e os coñecementos para levala a cabo.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Lapbook El principito