A “necesidade radical” de contar historias


Para a directora e guionista afincada na Coruña Ángeles Huerta, O corpo aberto é, como todos os proxectos que fai, “unha necesidade”. Desta volta, é unha película de ficción, que adapta un texto de Xosé Luis Méndez Ferrín, o relato "Lobosandaus", que é o que abre o libro Arraianos.

A directora define o xermolo desta película, que agora está en fase de filmación coma un “relato gótico, folk, de terror, con tintes románticos”, aínda que asegura que tamén ten retallos “de política”, “porque a mirada é política”. Conta a historia de Miguel, un mestre de escola que chega en 1909 a un lugar na Raia entre Galicia e Portugal.

“Eu lin este relato de Méndez Ferrín hai anos e desde aquel momento xa me atrapou e xa vin que había unha película nel”, recoñece Ángeles Huerta que estes días está a rodar nas vilas ourensás de Muíños, Lobeira e Calvos de Randín. Asume que quedou “atrapada” pola trama, mais tamén pola estética do relato, por ese mozo que chega a unha aldea do Xurés para “iluminala coa luz da razón” e que se atopa “con todo o contrario aos seus valores e ás súas crenzas”. Huerta sinala que é unha historia de “carne, de pel”, de planos curtos e de ánimas que se meten en corpos doutras persoas, de paixóns desenfreadas que van alén da morte e que adquiren unha dimensión impensable.

Le a nova completa

Ningún comentario:

Publicar un comentario