O Museo do Prado abre unha illa no videoxogo de simulación social Animal Crossing: New Horizons

 

O Museo Nacional do Prado en Animal Crossing: New Horizons  vén de crear un videoxogo para achegar a súa colección ao público xuvenil. Anímate a xogar e terás a oportunidade de percorrer física e virtualmente cinco itinerarios temáticos a través de cápsulas en vídeo que atoparás nun microsite coas obras e artistas máis recoñecidas do museo. Ademais, poderás pasear entre as paredes da Quinta do Xordo de Goya e descubrir as súas famosas pinturas negras.  E poderás aínda descargar e gardar mediante códigos QR todas as obras de artistas como o Greco, Velázquez, Rubens ou Goya.

 A xogar! 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario