Ir al contenido principal

Bookfacefriday en familia, no Xelmírez

Dende o Xelmírez I sumámonos á actividade posta en marcha no 2014 pola Biblioteca Pública de New York, para estimular a lectura, e que se ten convertido a estas alturas en todo un  movemento literario. Con ela, convidámosvos a que acompañedes os vosos fillos e fillas nun achegamento aos libros marcado pola diversión e a creatividade. Envíadenos as vosas creacións a: xelmirezlecturaefamilias@gmail.com e difundirémolas nas redes cada venres.

Esta é a primeira dunha serie de iniciativas que imos desenvolver este curso, xa que somos un dos 50 centros de toda Galicia seleccionados pola Consellería de Educación para poñer en marcha o proxecto Lectura e Familias.

Queda por diante moito traballo e precisamos da vosa complicidade e da do conxunto da comunidade educativa do Xelmírez. O exemplo é, sen dúbida, o mellor aliado na educación do hábito lector e na consecución de lectores e lectoras competentes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito