La metamorfosis ou A transformación? O club de lectura de 3º ESO dirixido por Marian Rey contou desta volta cun convidado de excepción: Laureano Araujo Cardalda, tradutor ao galego da obra de Kafka.
El explicoulle ao alumnado que o relato escrito no 1915 polo autor nado en Praga se titulaba Die Verwandlung (A transformación) e non Die Metamorphose (A metamorfose), malia ser esta a proposta asumida inicialmente pola tradución ao español, francés, inglés e italiano. A versión ao galego recupera, pois, o título orixinal.
Con Laureano falaron tamén das dificultades que conleva o oficio de tradutor e como nalgúns casos se poden tomar decisións desafortunadas.
Magnífica e produtiva xuntanza, adozada coas galletas feitas por Marian. Parabéns agradecidos a ámbolos dous.
Ningún comentario:
Publicar un comentario