No marco do proxecto Tecendo Identidade(s), vén de nacer o 7º club de lectura deste curso! Promovido e coordinado polo Equipo de Igualdade, está concibido como un espazo de recoñecemento no que o noso alumnado se sinta acompañado e conte coa compliciade dos iguais e dos adultos na construción da súa identidade.
Onte acompañounos Nee Barros, durante tres horas! Falamos da vida, da necesidade de ser quen queiramos ser, e tamén do seu libro Identidade que escribiu cando cursaba 3º de ESO.
Unha tarde inesquecible, que agardamos vaia fornecendo dos vimbios necesarios para a construción dun mundo máis libre e máis respectuoso coa diversidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario