Dende antano a minaría forma parte do noso patrimonio: estaño na Idade de Bronce, ouro aproveitado polos romanos, wolframio, ferro, chumbo...Pero tamén a pedra que labraron os nosos canteiros, a lousa e a tella... Materiais de noso cos que fomos quen de xerar unha industria moderna, punteira no mercado mundial, e da que cómpre sentírmos fachenda.
A nosa compañeira Marian Rey está a traballar este sector dentro do proxecto TecendoIdentidade(s) Nesta ocasión contamos cunha charla impartida pola directora da Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía da Universidade de Vigo, que permitiu abordar a explotación sostible dos espazos mineiros así como a súa recuperación ao remate do período. Asemade, permitiu reflexionar sobre as causas que provocan a escasa presenza de mulleres neste sector.
Ningún comentario:
Publicar un comentario