Facemos arte na Biblio!

A Biblioteca convértese por veces nun espazo onde a creatividade e a arte medran ás súas anchas. Así ocorreu onte nunha magnífica sesión impartida por Natalia Val na que o alumnado de 2º de Bacharelato creou á maneira de Hervé Tullet, un artista francés con vocación didáctica. 

Os nosos artistas realizaron un ditado no que ían debuxando o que a súa profesora lles indicaba. Deste xeito perdían o medo ao acto creador e entendían a obra de Tullet. O resultado á vista está: esta preciosa obra abstracta de gran formato e creada dun xeito cooperativo e lúdico. 

 




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario