IX Certame Literario de VIAQUA, participa!

  

 BASES DO CERTAME

O  IX Certame Literario de VIAQUA ten como obxectivo contribuír á difusión da cultura da auga, así como fomentar a participación activa da mocidade no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.

Participantes:

 Poderán presentarse persoas de calquera nacionalidade, con lugar de residencia en España entre as idades de 12 e 17 anos, que cursen estudos en centros educativos e de Formación Profesional

 Categorías:

Alumnado de 1º e 2º da ESO;

Alumnado de 3º e 4º ESO

Alumnado de Bacharelato e FP

 Poden presentarse dous tipos de relatos:

Relato curto clásico: un relato en formato narrativo non superior a 200
palabras.
Relato curto creativo: un relato con formato aberto (poesía, cómic, fotografía e
texto...) no que o texto non supere as 200 palabras.

Cada autor/a poderá presentar un máximo dun microrrelato inéditoescrito en lingua galega ou castelá.

Requisitos que deben reunir os relatos curtos:

Deberá estar escrito en ordenador, para o seu envío por correo electrónico. En caso do relato en formato creativo, pode conter texto escrito a man. En caso de non entender a tipografía, poderá ser motivo de descarte.

A temática ten que ser sobre a seca e como o consumo responsable da auga pode contribuír a mellorar a situación.

A finalidade é concienciar sobre a cantidade de auga que se pode aforrar con cambios nos nosos hábitos diarios e a realidade do problema da auga como recurso.

Valorarase a presenza no relato curto dalgún sinal de identidade da cidade ou núcleo de poboación das persoas participantes, así como o coidado da gramática e da ortografía.

Prazos:

Do 2 de novembro ata o día 23 de decembro de 2022. Os relatos gañadores publicaranse na web de Viaqua na semana do Día Mundial da Auga 2023. 

Consulta as bases completas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario