Ir al contenido principal

Hoxe foi tarde de encontro literario

Hoxe os 15 Xelmilectorxs de 3º ESO intercambiaron impresións de lectura co autor de O país dos raposos, o noso benquerido Adrián Noia, que visita por segunda vez neste curso a Biblioteca do centro. Algúns dos seus antigos profesores tampouco quixeron perder o encontro.

Grazas a Inés Ramil polo precioso debuxo que lle fixo mentres el falaba e que lle regalamos ao final da sesión.

Os Xelmilectorxs volverán xuntarse o 10 de xaneiro arredor doutra obra de autoría galega, neste caso O derradeiro libro de Emma Olsen, ogallá nos poida acompañar Berta Dávila


 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito