A arte de ilustrar segundo Raquel Senra

O instituto, a través da biblioteca, inaugurou hoxe a serie de actividades que se agrupan baixo o título de "Non todo vai ser escribir. Aspectos do mundo editorial".

Coincidindo co Día da Ilustración, visitounos unha antiga alumna do instituto, Raquel Senra, que está á fronte de Árbore Azul. Un grupo de alumnas e alumnos de ESO 4º e bac 1º, seleccionados polas profesoras María José Nieto e Natalia Val, puido coñecer de primeira man que fai unha ilustradora: a formación que precisa, as condicións en que traballa, o estudo e mais a planificación que necesita facer de cada texto, a técnica que ten que elixir etc.

Finalmente, o alumnado tivo a ocasión de ilustrar un texto, e puido constatar todo o esforzo, o coñecemento e mais a experiencia sen os cales non sería posíbel o magnífico traballo que fan as persoas como Raquel Senra.

(Aquí hai un par de fotos desta actividade: Galería "A arte de ilustrar segundo Raquel Senra")



Ningún comentario:

Publicar un comentario