O Equipo de Dinamización da Lingua e o Ciclo Formativo DJ & Son porán en marcha este mes de febreiro a actividade "Recreos musicais", que consiste en amenizar os recreos dos venres de todo o mes con música pinchada en directo polo alumnado da profesora Sabela Pernas.
O venres 7 de febreiro será a inauguración de esta actividade e comezaremos, como debe ser, con música galega exclusivamente.
Grazas ao bo facer da alumna DJ Deto, os venres no IES Arcebispo Xelmírez I van ser aínda máis populares, en todos os sentidos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario