Unha mañá entre libros

O grupo de ESO 1ºA tivo onte a ocasión de pasar a mañá visitando tres lugares estimulantes de Compostela. Para empezar, o alumnado coñeceu en detalle a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, onde o persoal lle organizou unha visita guiada e lle aprendeu a utilizar o servizo de préstamo.

Despois, o grupo puido entrar na libraría Couceiro, onde Pablo fixo unha breve introdución á historia da libraría e á importancia do sector na cidade, e María impartiu un obradoiro sobre a encadernación.

Finalmente, o alumnado puido admirar a biblioteca de Xeografía e Historia da USC.

Nos vindeiros días, os grupos de ESO 1ºB e 1ºC poderán pasar, eles tamén, unha mañá entre libros.

(Aquí hai un par de fotos desta actividade: Galería "Unha mañá entre libros")




Ningún comentario:

Publicar un comentario