Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Novelas de terror levadas ao cine

  Podes ler información sobre as mesmas No club virtual de Bibliotecas Municipais da Coruña. 

Xa tallaches a túa cabaza? Mira a de Jon Neill's!

O noso Samaín está de medo!

La oficina de estanques y jardines en Palabras Compartidas

Palabras Compartidas retoma as xuntanzas literarias. Agardámoste o martes 16 de novembro na Biblioteca! 

24 de outubro Día das Bibliotecas, nós celebrámolo o 25!

Entrar nunha biblioteca ben surtida prodúceme unha excitación particular. Satisfacción de dispor ao meu arbitrio dunha sorte de gabinete máxico.                                                                                                                                                                                                     Nuria Amat Aínda que as bibliotecas teñen un lugar central na nosa vida todo o ano, este día sumámonos á celebración. E facémolo cun magnífico  vídeo realizado por alumnado de 3º e 4º ESO, baixo a dirección de Alexandra Pacheco, para as xornadas de formación de usuarias/os. Parabéns ao alumnado e grazas, Alexandra, por tanto bo facer!

Celebramos o Día das Escritoras

  "Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda." E no IES unímonos á celebración do Día das Escritoras e démoslle voz, para contribuír á visibilización do seu traballo e para deixar claro que combateremos sempre a discriminación á que moitas se viron sometidas.

Temos libros para dar e tomar!

Comparte as túas lecturas e accede a outras! No corredor, fronte a bedelería, tes un expositor no que podes  facer intercambio de libros.