Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

Tecendo Identidade(s): Simulando as clases de Ciencias Naturais da II República

 

Tecendo Identidade(s): A escola da vida, Aula río e Aula bosque

Aula bosque (carballeira de S. Lourenzo) e Aula río (Sarela)  

Tecendo Identidade(s): 12 galegas referentes, esquecidas pola Historia

Infografías, de doce galegas republicanas, realizadas polo alumnado de 2º ESO no marco do proxecto Tecendo Identidade(s) na II República.    Infografías mulleres republicanas by Biblioteca Xelmírez I on Scribd

Tecendo Identidade(s): Syra Alonso

Alba Recarey e Mateo Pereiro, alumnos de 2º ESO, recuperan a memoria de Syra Alonso, no marco do proxecto Tecendo Identidade(s). .

Tecendo Identidade(s): Amparo López Jean

Marta Rodríguez Caíño e Sara García Paredes, alumnas de 2º Bach., fálannos da primeira muller en militar no Partido Galeguista e unha das máis importantes activistas da Coruña na época da II República.

Tecendo Identidades: II República e III République française- connexions

O alumnado de 2º ESO traballou as conexións entre as dúas repúblicas: a francesa e a española. As mulleres galegas, María Casares e Araceli González foron figuras imprescindibles desa etapa histórica pola que fomos viaxando na materia de francés e que deixaron impronta na nosa cultura e sociedade.  Coa profesora Rosaura Rodríguez, o alumnado de 3º ESO, procurou tamén esta conexión investigando sobre material gráfico da época en apoio á II República. As infografías e os "collages" son o resultado deste traballo colectivo e constitúen a achega do alumnado de francés ao proxecto Tecendo Identidade(s).     Araceli González by Biblioteca Xelmírez I on Scribd Français Tecendo22 23MARÍACASARES-Compactado by Biblioteca Xelmírez I on Scribd

E fomos recoller o noso Premio Buero Vallejo!

Onte, 18 membros de Vai no dentista foron a Pontevedra, invitados pola Fundación Coca-Cola e os Premios Buero de Teatro Xoven como premio por sermos os gañadores da vixésima edición dos premios a nivel autonómico. O magnífico agasallo foi un encontro no Teatro Principal de Pontevedra con Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, as integrantes de A Panadaría: https://apanadaria.com/ A curiosidade da rapazada do grupo non tiña fin e ellas foron encantadoras con nós. Despois, a Fundación Coca-Cola convidounos a merendar e a ver Elisa e Marcela , unha auténtica marabilla de espectáculo cunha montaxe aparentemente modesta, pero unha actuación soberbia. Volvemos encantades e con ganas de máis teatro.  

Peche de curso, con Vai no dentista

O último día do curso, Vai no dentista representou na súa casa, para o seu público máis entregado a obra que traballamos desde outubro de 2022 ata o mesmo 21 de xuño de 2023. Con “Allegro” (“Solo de triángulo en re menor, 1º movemento, 2ª parte: allegro (pero non tanto)”), Julio, Leiz, Alexandra, Xaquín, Celia, Martinho, Laura, Mariña, Madó, Cibrán, Olivia, Xoana, Iria, Violeta, Malena, Elsa, Lúa, Hugo, Ana, Guadalupe, Xiana, Paula, cira, Miguel, Carlota e Noa saíron ao escenario co obxectivo de facernos reflexionar sobre a habitual presentación ou expresión de xénero, é dicir, sobre o comportamento exterior, os modais e a aparencia que socialmente se asocian co xénero das persoas, ca feminidade ou ca masculinidade. A obra presentábase como unha guía práctica para os usuarios e as usuarias da vida en sociedade, para quen desexa disfrutar dunha xestión intelixente das súas relacións sociais, tanto as fáciles como as difíciles. Unha guía para proxenitores e as súas criaturas, xefas

Tecendo Identidade(s): Generation Wir

Convidámosvos a viaxar con Google earth e descubrir as conexións entre os membros da Xeración Nós e a intelectualidade alemana neste magnífico traballo realizado polo alumnado de alemán, baixo a dirección de Sagrario Torrado. Parabéns para todas e todos os que o fixeron posible, cun especial recoñecemento a Miguel Sobrino que solventou problemas técnicos. A nosa gratitude á súa profesora- sempre xenerosa- co proxecto Tecendo Identidade(s).

A biblioteca abre as xanelas con Tecendo Identidade(s) na II República

Leais ao principio republicano que facía das bibliotecas centros dinamizadores da cultura e do saber, rematamos o curso amosando ao conxunto da comunidade educativa os excelentes traballos desenvolvidos por dezasete departamentos debaixo do paraugas "Tecendo Identidade(s) na II República". Para iso contamos con dúas convidadas de honra, Clara Campoamor e Victoria Kent (moi ben interpretadas por Lupe e Ana Otero), que escenificaron a encarnizada batalla política que houbo que librar nos anos 30 para conseguir un dereito que hoxe nos parece incuestionable: o voto feminino.  No mesmo acto o alumnado de 3º ESO presentou a edición do nº 14 da Revista Mujeres Libres , que foi a primeira publicación reivindicadora da liberación de xénero e que, quizais por iso, viu interrompida a súa edición co estoupido da guerra civil. E Maruxa e Coralia Fandiño Ricart tamén quixeron participar amosando ao público o Xelminovas republicano feminista, Xogamos a estar vivas? no que exercen de pr