Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

Hoxe tarde de conversa arredor das lecturas!

   

30 de xaneiro: Día de Castelao

  Recordamos hoxe o noso galego máis ilustre e universal. 

Dá unha volta por Compostela Literaria

Cantas escritoras e escritores composteláns coñeces? Sabes que outras moitas fixeron referencia nas súas obras á nosa cidade? Un bo número de novelas desenvólvense nas rúas que ti transitas a miúdo, cruzaríaste con algún dos personaxes ou será acaso algún deles veciño do teu edificio? Visita Compostela literaria , a páxina que vén de poñer en marcha o Concello de Santiago, alí atoparás  roteiros, scape room e moita información de interese para saber algo máis do lugar onde vives.

Falando de cinema

Unha sesión ben interesante que permitiu falar moito sobre as nosas pelis favoritas, pero tamén analizar O lapis do carpinteiro , ver como se traslada a linguaxe literaria á linguaxe cinematográfica e analizar un guión técnico. Grazas, Spencer por facernos amar o cine. 

Tarde de libros e descubertas

  Despois dunha boa dose de intriga, amor e misterio que nos atraparon e nos fixeron gozar da lectura, poucas cousas hai que nos gusten tanto como coñecer ao creador dos nosos personaxes favoritos.  Grazas, César, por facer todo tan fácil e por acompañarnos nesta andaina.  

El libro de los portales

Sabes facer un booktrailer?

Seguimos a falar das lágrimas de Siva

 Seguimos a falar das Lágrimas de Siva. Vén á biblioteca este martes 24 ás 14:30 h.

Ven ollar as nosas novidades editoriais!

A banda deseñada máis actual, libros para @s amantes da ciencia e moito máis. Pasa pola biblio, olla e leva un exemplar para esta fin de semana! 

O lapis do carpinteiro a análise en Filmírez!

 Non faltes o 26 de xaneiro. Spencer analizará para nós O lapis do carpinteiro!

César Mallorquí desvélalle segredos da súa obra @s Lector@s de Primeir@!

Grazas, César, pola complicidade, por acompañarnos e por seguir afondando nesta obra que tanto nos gustou!

Marilar Aleixandre contesta o noso cuestionario lector

  1.      O último libro que liches... Tierra de mujeres da poeta e veterinaria María Sánchez (2019).      2.      O libro que mudou o teu xeito de pensar Sexual politics , de Kate Millett (1970), que mudou a miña ollada sobre a literatura, o cine, o teatro, á arte e os seus nesgos patriarcais. Xa era feminista cando o lin, mais a partir deste libro apliquei esa ollada tamén á literatura, á arte.      3.      Un libro que relerías      Releo moitos, mais de escoller un Dart (2002, nome dun río) da poeta inglesa Alice Oswald.       4.   Un libro que recomendarías Pecados veniais , de Nazaret López (2022) e os tres citados antes. 5.      Un dos primeiros libros que liches na escola Na escola, o Colexio do Sagrado Corazón, Rosales, Madrid, non me mandaron ler ningún libro (os mitos de que o ensino era mellor antes son mentira) , até os 12 anos Las inquietudes de Shanti Andía, de Pío Baroja que resultou inadecuado para a miña idade. Porén, na miña casa, lía todos os libro

Lecturas que nos axudan a descubrir a nosa identidade

Ás veces cómpren lecturas que nos acompañen e nos axuden a descubrir a nosa identidade: quen somos e quen desexamos ser. Ese é o propósito co que naceu o club LGBTIQ+, que desta volta non propuxo dúas obras inclusivas e optimistas: El beso número 8 e Orgullo y pompones. Grazas Sagrario, Dani e Laureano por esta tarde distinta.   

Xantando con Emma Olsen!

Alimento para o corpo e para o espíritu tiveron os alumnos e alumnas de  3º ESO que decidiron quedar a mediodía para analizar O derradeiro libro de Emma Olsen . Como a biblioteca estaba ocupada con outro club, tivémonos que trasladar a unha aula. Dicía alguén que @s  adolescentes non len?

Falando de Malas mulleres...

  As xuntanzas de Palabras Compartidas nunca defraudan e, aínda que a imaxe non dá conta de todas as persoas asistentes, o grupo segue a medrar. Grazas, Marilar, por compartires connosco o teu tempo, e benvida, Nuria, que sigas moito tempo entre nós!  Achegámonos ás Malas mulleres: A- Co A de Arenal, a Visitadora do cárcere de Galeras. As súas medidas humanizadoras espertan o anoxo do alcaide porque é unha indignidade que unha muller ande axexando. O seu cese conlevará a eliminación do cargo, xa que a xustiza é un morcego esquivo e aínda que unha crea que está danzando ao ritmo que lle marcamos, subitamente enxamea, muda de rumbo no luscofusco sen   que poidamos enxergalo. S- Co S de Sisca coprotagonista desta historia. No cárcere fala pouco porque as palabras dunha muller valen pouco e as dunha presa nada. A súa desgraza persoal vén determinada pola orixe social,   xa que o pan da xustiza debería estar amasado con fariña, mais nel agóchanse vermes. Non quere levar a vida d