Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

As Misións Pedagóxicas, vistas por Roberto Aboal

No marco de Tecendo Identidade(s)na República, Manuel Aboal, alumno de 1º de Bacharelato, realiza unha entrevista ao arqueólogo e investigador do CSIC, Roberto Aboal. Nela ponse de manifesto a importancia deste proxecto cultural -sen parangón- que pretendeu achegar a cultura ao pobo.    

A parte fácil, antonte con Ismael Ramos

Cálida e frutuosa foi tamén desta volta a xuntanza de Palabras Compartidas. Grazas, Ismael, polo tempo e o saber.  Agradecidas tamén a Carme Moure polas súas vitrinas. E dende Palabras Compartidas, achegámonos a esta obra: A. Co A de anestesia que os personaxes procuran para aturar as feridas da vida e que Sara atopa a través dunha disciplina que lle permitirá aprender a coidar do seu corpo en modo automático para poder ocupar a cabeza descifrando códigos. E co A da amizade , da necesidade de construíla dende os alicerces, aínda que a maioría das amizades se inventan máis do que se constrúen.   P. Co P de precariedade laboral dos que van ao traballo coma unha tribo que vai á guerra, e no que nin sequera serán personaxes secundarias. Comparten pisos de estudantes cando xa deixaron de selo e xa non saben moi ben o que son. Pero, sobre todo, co P de precariedade emocional porque todos sofren procesos de dó e carecen das ferramentas necesarias para afrontalos. Dos seus corpo

25 de abril, sempre!

Conmemoramos co noso alumnado a Revolución máis bonita da historia. 25 de abril, sempre!  

No Día do Libro: coma nen@s con libros novos!

Rebumbio, algarabía e ilusión arredor do libro e da lectura. MARABILLOSA a complicidade do claustro que converteu esta data nun día tan especial!   

Ducias de boas lecturas agardan por nós para celebrar o Día do Libro!

Agardan nas vitrinas ducias de libros bonitos, empaquetadiños, que os nos@s amig@s invisibles elixiron para nós. Que nervios agardar a mañá para abrilos!

Que nos suxiren os libros? Construíndo lectura

 Que nos suxiren os libros? Con esta premisa o alumnado da ESO está a construír os seus libros xigantes, un por aula, cos que adornaremos mañá os corredores do centro.    

Laura Murado e Cecilia Segade visibilizan a figura de María Miramontes

Laura Murado e Cecilia Segade, alumnas de 2º de Bacharelato, no marco do proxecto Tecendo Identidade(s) na República, realizan unha magnífica semblanza sobre unha das mulleres máis influíntes na sociedade compostelana da época.   

Ensino, muller, avances sociais e europeización da cultura propia, os piares que sustentan o noso PDI

O PDI, Tecendo Identidade(s) na II República, foi collendo corpo ao longo do curso. Somos 16 os departamentos implicados que estamos a abordar co noso alumnado este período histórico dende unha perspectiva múltiple, pero sustentada por catro piares básicos: os avances sociais, os acadados no ensino, nos dereitos da muller e na europeización e posta en valor da cultura propia. 

Martes, en Palabras Compartidas, encontro literario con Ismael Ramos

Este martes, 25 de abril, ás 18;30 h vémonos na Biblioteca do centro para compartir palabra con Ismael Ramos , un Premio Nacional de Poesía que desta volta fai unha incursión na prosa co libro de relatos A parte fácil . Non faltes!

Tecendo Identidade(s): Daniel Bostán fálanos da I República Galega

Continuamos visibilizando o magnífico labor de investigación realizado polo noso alumnado. Desta volta Daniel Bostán, alumno de 2º de Bacharelato, fálanos da efémera I República Galega.   

Vera e Berta fálannos do Ensino na II República

Seguindo os principios da Institución Libre de Enseñanza, procuramos que o noso alumnado sexa elemento central e activo no proceso de aprendizaxe. Así, nos vindeiros días irémosvos deixando os seus traballos de investigación sobre o tempo da II República. Inicia a serie O ensino na II República, unha magnífica exposición de Vera López Morán e Berta Quintela Fernández, alumnas de 2º de Bacharelato.

Tecendo Identidade(s)na República: "Sea el libro nuestro mejor amigo"

"Sea el libro nuestro mejor amigo" reza un dos preciosos carteis que se fixeron durante a II República para fomentar a lectura. Con el e con outros 20 máis que transmiten o potencial revolucionario da universalización da cultura, quixemos render homenaxe a ese período da nosa historia no que as Bibliotecas ocuparon un lugar central na preocupación dos gobernantes.  Logo, conscientes de que os libros son unha arma poderosa, viñeron desarmarnos coa queima de miles de obras nas prazas públicas de Amboaxe e Armas en Ferrol, e na Dársena da Coruña, camiño do Parrote, tal como  nos conta Manolo Rivas en Os libros arden mal...