Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

Libros para sermos libres

 

Dia das letras galegas 2021 "Xela Arias" Animación Visual ao vivo

  Aproxímase maio e sucédense as homenaxes a Xela. Dende o IES Xelmírez I, que tamén foi o seu centro durante un tempo, o alumnado de 2º ciclo medio de Vídeo disc-jockey, dirixido pola profesora de Imaxe e Son Irene Seara Oro, fai a súa achega. Parabéns aos discentes. Grazas, Irene, pola ilusión e o bo facer! 

Capitães de Abril

Podes ver a película completa en Vimeo. 

Urco Editora libera na rede a súa colección de traducións de H.P. Lovecraft

Nace a Biblioteca Lovecraft Dixital no marco do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021. Co gallo do Día do Libro, Urco Editora, proxecto editorial da Sacauntos Cooperativa Gráfica, decidiu elixir a data para poñer a disposición pública a Biblioteca Lovecraft Dixital. Segundo eles mesmos comunican, esta acción foi decidida no contexto da pandemia "onde a inmediatez e o dixital cobran pulo" e coa colección en papel "xa amortizada desde o punto de vista económico". Este fondo de publicacións está conformado polos catorce volumes de obras do mestre do horror traducidas ao galego por Tomás González Ahola e publicadas pola editorial desde fai dez anos, ao que engaden un décimo quinto tomo onde se compendian distintos ensaios breves que axudan a comprender o contexto e a obra, así como ferramentas didácticas para a súa aplicación no ensino. É ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia como estas obras veñen de poñerse a disposición do p

Feliz Día do Libro!

 

Boto en falta maior coidado pola lingua meta, o galego

Mañá, en Palabras Compartidas, temos a honra de contar coa presenza de Isabel Soto. Deixámosvos a seguir unha entrevista - feita hai un tempo- pero que nos vale para coñecérmola un pouco.  -Por que traducir unha obra como  Fosca ? -Foi unha decisión tomada entre o editor e mais eu. A editorial busca obras interesantes e combina libros con dereitos e sen dereitos de autor.  Fosca  é unha obra do século XIX, representante dun intre singular da literatura italiana, a  Scapigliatura , que é a bohemia da época. A novela atópase a medio camiño entre o romanticismo e o decadentismo. -Cal foi a principal dificultade de pasar a escrita de Iginio Ugo Tarchetti ao galego? -Manter o ton romántico, de misterio, da paisaxe tétrica, da novela. Reproducir esa atmosfera foi o máis complicado. -Que importancia ten a tradución para unha literatura como a galega? -Para min é fundamental. Unha literatura moderna debe dispor das principais obras literarias na súa lingua. -Non parece o caso. Nunca existiu a

Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño

A escritora, lectura do mes en Palabras Compartidas

  Ademais, algúns membros do club leron Dejen todo en mis manos , a novela recomendada por Juan Tallón, e aproveitaremos para comentala.

Aquí hai canteira!

O estudo da prensa devén unha ferramenta indispensable se queremos que o noso alumnado navegue con criterio nos mares saturados de información e de terxiversación da realidade que anegan as redes.  E o alumnado de 1º ESO iniciouse da man da mellor coñecedora do medio: a súa profesora de Lingua Galega Alexandra Pacheco González. O resultado á vista queda. Parabéns  a este tándem que funcionou á perfección!

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece.