Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

Novembro e decembro, meses da Ciencia en galego na nosa Biblioteca

A ciencia tamén pode ser en galego e no Xelmírez I quixemos visibilizala. O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, coordinado polas súas profesoras Rosa Blanco e Isabel Blanco, elaboraron dúas exposicións que puidemos ver estes meses nos corredores do centro e na nosa biblioteca.  O alumnado de 4º ESO destacou cada día do mes de novembro unha efeméride relacionada coa data. Os rapaces e rapazas de 1º Bacharelato foron os responsables de Ciencia que fai historia, unha liña do tempo científica que recolle información das principais científicas e científicos dende a Idade Antiga ata o século XX. Co fin de rendibilizalas e afianzar coñecementos, o profesorado realizou posteriormente un kahoot co que xogaron distintos grupos da ESO e do Bacharelato.  Agardamos que o vindeiro ano nos traia 365 días de Ciencia en Galego!    

Esenciais da USC: un recurso en liña para profesorado e alumnado

A librería dixital da USC vén de poñer en aberto 40 títulos que integran a colección Esenciais USC, un recurso que serve para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado, e que resume en moi poucas follas o contido dunha materia.  Consúltaos: Libraría Dixital da USC .

E seguimos coas xuntanzas lectoras: este martes, La revuelta de las putas

 

Antía Yáñez saúda os seus lectorxs de 4º ESO.

O club de lectura de 4º ESO reuniuse para comentar Senlleiras , de Antía Yáñez. Ela quixo estar presente dalgún xeito e tivo a xentileza de enviarnos un saúdo neste vídeo. Grazas, Antía, fíxonos moita ilusión a túa mensaxe e agardamos que, en breve, poidas vir ao noso centro para  intercambiarmos impresións sobre a lectura.  

As malas mulleres, en Palabras Compartidas

Literatura da boa, feminista, galega e Premio Nacional de Literatura. Teremos, ademais, a sorte de contar coa súa autora. Á volta do Nadal agardámoste na Biblioteca.