Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

Plantillas para libros despregables

Aquí podes descargar plantillas de balde para o teu libro e ver outras ideas. 

Lapbook El principito

 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lemos A mansión dos Pampín

As alumnas e os alumnos de 1º da ESO lemos A mansión dos Pampín e fixemos un pequeno percorrido polos arredores do instituto mentres falabamos de cuestións coma a especulación urbanística e o feísmo. Cada unha de nós fotografou a casa máis bonita e máis fea segundo a nosa perspectiva. Faremos un album dixital con todas elas. 

Valeria, Noelia e Carla, gañadoras do Picaso Coruñes ao mellor xornal!

Parabéns a Noela Nogueira Chas e Valeria Ninni Santalla, alumnas de 4º da ESO do noso centro e gañadoras do premio Picasso Coruñés ao mellor xornal.  A Carla Miu Abal Ohashi, gañadora  dun accésit. E parabéns, asemade, á súa profesora de educación plástica, Natalia Val.

25N no Xelmírez

A nosa gratitude á alumna de 2º de bacharelato que realizou o adhesivo que hoxe achegamos á Comunidade Educativa. Tamén a Carlos Negro, por alzar nos seus versos a voz contra o maltrato.   

A miña planta de laranxa lima

Sobre los huesos de los muertos, lectura do club de adultos para este mes

Retomamos as xuntanzas do club Palabras compartidas que tan gratos momentos nos deixou en edicións pasadas, e facémolo para falar de Sobre los huesos de los muertos , de Olga T okarczuk.

Vémonos nas librarías

 

Dillo a quen maltrata

    A oficina de Igualdade do Concello de Lalín convoca a XVII edición do concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" e a VIII  do “Concurso de Tuits contra a Violencia de Xénero ”. Anímate a participar e une a túa voz contra o maltrato! Consulta aquí as bases para o concurso de Cartas/ Chíos    Recorda que o prazo remata o 5 de novembro  Concurso de cartas: 1º premio : Tablet Android 10,1” 32 GB 2º premio : Tablet Android 7” 8 GB 3º premio : Lector de libros multimedia 7” 4 GB  Concurso de Chíos:  Tablet Android 32GB 10.1” e un diploma acreditativo   Querido papá: Sabes que sempre fun a pequena, a forte, a insistente, aquela que construíu un camiño de ansiedade ó redor dos teus pasos, un camiño redondo, para que te perdeses, para que non saíses dese círculo de inverno, para que non foses quen de volver a casa, para que nos deixases en paz, a min, ás miñas irmás e, sobre todo, a mamá, a esa mamá silenciosa, á mamá que nunca dixo nada, á que calou par

Procedemento para préstamos e devolucións

Dada a especial sensibilidade e a manipulación que supón o préstamo bibliotecario, PARA EVITAR A CONTAMINACIÓN DOS MATERIAIS, queda prohibido que calquera persoa (alumnado, profesorado ou resto da comunidade educativa) colla ou devolva o material directamente dos andeis; só poderán facelo as persoas do equipo da biblioteca. Non se pode coller ou devolver fóra do horario dos recreos.    Préstamo : O préstamo poderá solicitarse de dúas maneiras: A través do correo electrónico da biblioteca: biblioxel12020@gmail.com , indicando nome, apelido, curso e título e autor do libro ou DVD, que se quere levar.   Acudindo á biblioteca ou ao posto instalado na entrada da mesma no recreo  o día asignado para cada curso.  En calquera caso, a petición será atendida ao día seguinte de ter feita a solicitude. O material recollerase na biblioteca ou no posto instalado á entrada da mesma no recreo asignado para cada curso.    Horario dos recreos