Ir al contenido principal

LeF: Xustificación

A lectura é a chave para o éxito escolar, persoal e social do noso alumnado e, en consecuencia, o seu fomento correspóndelle ao conxunto da comunidade educativa. O equipo de traballo da biblioteca do IES Xelmírez I traballará conxuntamente  con todos os axentes implicados neste proceso e procurará deseñar as estratexias necesarias para acadar o seu compromiso e a súa participación.

Dado que o papel mediador desempeñado polas familias é fundamental, queremos convidalas a que asuman a súa responsabilidade e trasladarémoslles a idea de que a lectura tamén é un instrumento para o fortalecemento dos afectos e das relacións entre as persoas que debe comezar no fogar. O seu exemplo será o mellor aliado na educación do hábito lector e na consecución de lectores e lectoras competentes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enrique Montero explícanos o seu lapbook de Mentira

Enrique Montero Díaz, alumno de 2º ESO, explícanos o lapbook que realizou sobre Mentira , de Care Santos. Parabéns e grazas, Enrique, por este magnífico traballo. Seguro que este libro formará parte das lecturas que un non esquece. 

Facemos libros despregables

Esta avaliación traballaremos o libro despregable ou lapbook. Velaquí un titorial que pode serche de utilidade.

Lapbook El principito