Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

A mellor viaxe, un libro: Alicia no país das marabillas

  Deixa que os clásicos te seduzan e ven buscar á biblioteca un exemplar de Alicia no País das marabillas!  Conta a historia da nena Alicia, que cae polo tobo dun coello e vai dar a unha sala soterraña onde medra e encolle segundo consome beberaxes e doces máxicos, nada entremedias de animais extravagantes nunha pucharca formada coas súas propias bágoas, entra nun xardín encantado no que estraños personaxes manteñen con ela absurdos razoamentos envolveitos na máis rigorosa lóxica aparente, e logo esperta. Traducírono á nosa lingua Teresa Barro e Fernando Pérez Barreiro.

Bailando, a temática do noso Entroido!

E déronnos leccións de baile!

Novidades febreiro: leitura em português

Para viajar ao país irmão, um espaço nos nossos andeis com os clássicos e não tão clássicos.   

Honrando a Rosalía

O alumnado de 1º ESO, baixo a dirección da súa profesora Chelo Millán Varela, rendeulle homenaxe á matriarca das nosas letras.    

Rosalía-T

Acórdate de traer mañá a túa camiseta "tuneada", Rosalía- T!   ROSALÍA_T-1 by Biblioteca Xelmírez I on Scribd

21 de febreiro, Día da Lingua Propia

Nós queremos axudar a enriquecer o mundo coa nosa diferenza.                                                                                                                           Luís Seoane

Ven mañá á biblioteca co teu disfrace!

 

Por que nacín enxeñeira?

Eva Cernadas García , impartiu o luns dúas sesións no noso centro destinadas a desmontar os prexuízos cos que, en ocasións, as rapazas miran o ámbito científico. Por que nacín enxeñeira, en 4º ESO e Informática e Bioloxía para 2º. Ogallá que as nosas alumnas vexan cada vez con maior claridade que poden ser o que elas queiran ser.   

A mellor viaxe, un libro

  Cibrán recoméndanos O árabe do futuro , a serie maxistral que marcou os últimos cinco anos no ámbito da banda deseñada europea e que foi traducida a máis de vinte idiomas. Conta a historia real dun adolescente non tan louro, a súa familia franco-siria e unha pantasma. Ven buscalo á biblioteca!

Nin rosa nin azul, materia gris

 

Queda instaurado o tempo de D. carnal: o Meco manda!

Queda instaurado o tempo de D. Carnal e o caos e a desorde reinarán ata o Mércores de Cinza. A máxima autoridade no Xelmírez I será o Meco e todos os membros da comunidade educativa deberán cumprir cada día a súa manda! Luns: chapeu Martes: pano ao pescozo Mércores: lentes Xoves: pixama

Semana da Muller e a Nena na Ciencia

  O Xelmírez I únese á celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia participando nunha nova edición de “COÑÉCEAS”, actividade organizada por ASEICA (Asociación Española de Investigación sobre o Cancro) coa fin de dar visibilidade ás científicas que investigan sobre o   cancro, romper estereotipos de xénero e animar ao alumnado e, en particular, ás mozas, a que se interesen pola Ciencia. O día 8 febreiro tivemos a oportunidade de falar directamente cunha verdadeira “DETECTIVE DO CANCRO”, Lucía Sanjurjo Bouza, investigadora no CIMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas ) especialista en   Nanomedicina para tratamento do cancro. https://twitter.com/ASEICAnews https://www.usc.es/cimus/esTEÑO  

O club de banda deseñada tivo premio e gañador

A obra de Paco Roca permitiunos abordar a contribución dos exiliados españois á liberación de París e á loita antifascista. Un tema que conecta co PDI Tecendo Identidade(s) na II República que promove a Biblioteca do centro. O club tivo premio e o seu gañador é Javier García. El foi o primeiro en completar todas as respostas do kahoot elaborado por Fernando Prieto e Teresa Castro, os condutores deste club de lectura. Parabéns agradecidos a ambos por tanta xenerosidade.   

Concurso de microrrelatos, convocado pola RAG e Punto Gal

Se a ti o que che gusta escribir é prosa, este é o teu certame. Participa!   Bases Certame Microrrelatos... by Biblioteca Xelmírez I

Mañá, O libro da selva para @s lector@s de 1º ESO

Mañá con Breogán percorreremos as xélidas terras de Alasca e debateremos sobre a busca da liberdade. Mañá con Breogán percorreremos as xélidas terras de Alasca e debateremos sobre a busca da liberdade.

Luns, falaremos de Los surcos del azar

Se pertences ao club de lectura de banda deseñada, recorda que o luns ás 15: 00h tes unha xuntanza.

Certame Respira, convocado polo teu Concello. Participa!

Gústache a poesía? O festival de poesía organizado polo Concello de Santiago conta nesta edición cun certame literario. Participa! Tema : cambio de clima e legados culturais da vida Poema : mínimo 14 versos e máximo 55  Prazo : 16 de febreiro Premios : ESO 300 €. Bacharelato e Ciclos Formativos 1º grao 400€   Premio Respira! by Biblioteca Xelmírez I on Scribd  

Día da Candeloria, medio inverno vai fóra

  A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae , ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum , ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, ( pola candeloria, medio inverno vai fóra ), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg , celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais , na que, alén de v

Azucre, de Bibiana Candia, a próxima lectura de Palabras Compartidas

 

Booktubers que debes coñecer: Esme

Esme é unha das booktubers españolas con máis seguidoras/es. Na súa canle atoparás todo sobre libros: libros do mes, libros recomendados, libros xuvenís, libros de amor, libros de aventura, libros distópicos, libros levados ao cinema, libros máis vendidos, libros prohibidos, libros que hai que ler...