Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

Aurora Marco: as mulleres anónimas foron fundamentais para a economía

No marco de Tecendo Identidade(s) na II República, Malena Rúa e Leire Maiora entrevistan a Aurora Marco. Esta sinala que as mulleres anónimas foron fundamentais para a economía familiar e para a sociedade na que vivían e que cómpre rescatar e dignificar o seu labor.  

Aurora Marco: é unha obriga das e dos docentes dar a coñecer as mulleres que nos precederon

As mulleres republicanas foron un exemplo en todos os sentidos e é unha obriga da sociedade- e unha obriga das e dos docentes- dar a coñecer a todas aquelas que nos precederon e loitaron pola defensa dos valores, da xustiza, da igualdade e da liberdade, porque nós non empezamos de cero.   Afirma Aurora Marco nunha entrevista realizada polas alumnas de 2º ESO, Malena Rúa e Leire Maiora, no marco do proxecto Tecendo Identidade(s) na II República.     

E gañamos o Olloboi!

Parabéns a Cecilia Segade, a Laura Murado e á súa profe Carme Moure por este galardón, que pon en valor o seu labor e a validez dun proxecto no que cremos!  Mira a curta

Este martes: O derradeiro libro de Emma Olsen para Lectorxs de primeir@

Este martes os Lectorxs de primeir@ poñerán o broche final a un ano de boas lecturas co O derradeiro libro de Emma Olsen.  

Hábito e Xogamos a estar vivas: María Miramontes; finalistas no Olloboi!

Esta noite fállase o festival Olloboi 2023 e o noso alumnado ten dúas curtas finalistas! Hábito , finalista ao mellor guión: Unha viaxe inquietante á mente dunha adolescente. Unha curtametraxe realizada por alumnado de 2º Bacharelato na materia optativa de Imaxe e Son durante o curso 2022-23. Dirección e guión: Martín Serantes Varela, Antón Cerdeira Vázquez, Juan Calvo Álvarez e Manuel Cabido Menéndez. Montaxe: Martín Serantes Interpretación protagonista: Sofía Álvarez Castro.      E Xogamos a estar vivas: María Miramontes , finalista á mellor curta de divulgación; un traballo realizado por Laura Murado e Cecilia Segade, alumnas de 2º de Bacharelato, no marco do proxecto Tecendo Identidade(s) na República, no      que realizan unha magnífica semblanza sobre unha das mulleres máis influíntes na sociedade compostelana da época.    

Maio do 68 no Xelmírez

En maio do 68 o alumnado tomou a iniciativa. No Xelmírez quixemos rememorar esta data e o noso alumnado converteuse tamén en elemento motor de múltiples actividades enmarcadas no intercambio escolar co alumanado de Montbéliard (Francia).   Magnífica a matinée. Parabéns ao Departamento de Francés.   

Vai no dentista: Premio Buero de teatro xove!

Orgullo para o IES Xelmírez I, orgullo para as actrices e os actores de Vai no dentista e orgullo para todo o profesorado ao comprobar que, un ano máis, a Fundación Coca Cola nos distingue co galardón autonómico de teatro xove.  Nos últimos nove anos Vai no dentista foi recoñecido en cinco ocasións, erixíndose gañador entre todos as obras presentadas na nosa Comunidade Autónoma. Non é froito da casualidade senón dun traballo conxunto e continuado ao longo dos cursos no que o rostro visible é o do alumnado mentres que detrás dos focos está o apoio incondicional dos pais e nais, do equipo directivo e de todo o profesorado do centro.  Cremos no teatro, que se converteu para nós en actividade formativa esencial dentro do proxecto educativo do Xelmírez. O labor desenvolvido trascende a aprendizaxe textual e a formación actoral: música, baile, canto, pero tamén dinámicas de cohesión de grupo, expresión corporal, traballo en equipo... sen esquecer a influencia que este tipo de actividades ten

A balada dos unicornios

O club XelmilectorXs de 3º ESO que acolle, coma na Escola de Artefactos e Oficios, os mozos e mozas máis brillantes, viaxou a través das páxinas d´A balada dos unicornios ao mundo da maxia e a aventura. Grazas Ledicia Costas por transportarnos e grazas Alexandra Pacheco por conducirnos.   

Aprendendo do Ensino na II República

O alumnado da ESO visitou nos corredores do noso centro a exposición O ensino na II República, cedida pola Fundación 10 de marzo, e avaliou os logros dunha política educativa considerada aínda hoxe como un dos piares da renovación pedagóxica. A exposición inclúe paneis explicativos e bibliografía que dan unha visión global dos cambios producidos neste período de grande desenvolvemento pedagóxico: o investimento en educación, as innovacións educativas, as políticas de coeducación, a escola universal, obrigatoria e laica… Sen dúbida, o momento no que a educación foi un punto de mira nas axendas dos nosos políticos.

Vai no dentista: teatro para unha xestión intelixente das relacións sociais

Orgullo de ensino público e orgullo do noso grupo de teatro que onte fixo que o Teatro Principal estourase en aplausos coa posta en escena de Solo de triángulo en Re menor. 2º movemento, 3ª parte. Allegro (pero non tanto). A obra é unha guía para os usuarios e as usuarias da vida en sociedade, dirixida a quen desexa gozar dunha xestión intelixente das súas relacións sociais, tanto as fáciles coma as difíciles. Unha guía para proxenitores e as súas criaturas, xefes e asalariados, usuaries do bus, o taxei, o tren ou o avión..., para quen, en definitiva, quere facer unha vida normal, unha vida que pode ser mellor se segue este práctico   manual de intelixencia social. Integrárona por orde de aparición: Julio, Leiz, Alexandra, Xaquín, Celia, Martinho, Laura, Mariña, Madó, Cibrán, Olivia, Xoana, Iria, Violeta, Malena, Elsa, Lúa, Hugo, Ana, Guadalupe, Xiana, Paula, Cira, Miguel, Carlota e Noa. Parabéns a todes. Grazas Daniel Baamonde e Sagrario Torrado por serdes quen de quitar, unh