Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

O Apóstolo, unha historia moi propia destas datas, xa se pode ver na rede

Colle manta, acomódate no sofá e prepárate para gozar con historias de almas en pena porque Fernando Cortizo vén de facernos o mellor agasallo para estes días: subiu á rede a súa película O Apóstolo, a primeira  longametraxe en stop-motion estereoscópico de Europa, que conta no seu haber con 6 Mestre Mateo e no seu día fora nomeada aos Goya.

Que sabes da Santa Compaña?

Infórmate co artigo   “ O mundo das ánimas, os defuntos e a Noite de Defuntos na tradición galega “, do antropólogo Rafael Quintiá Pereira, ou vendo o capítulo 13 de Lendas Vivas, dedicado á Santa Compaña.  

María Casares segue entre nós

O ano de María Casares aínda non rematou e nós seguimos traballando o exemplo desta galega universal. Velaquí os magníficos retratos da actriz feitos nas aulas de Educación Plástica polo alumnado de 1º de bacharelato, baixo a dirección de Natalia Val. E velaquí tamén o bo uso que deles soubo facer a compañeira Carme Moure, autora da vitrina. 

Un enigma que pode resultar sanguento

Darán resolvido os membros do equipo o Enigma de Fibonacci ou Carlos e Mauro perderán a man?

Voen quereres cara a Ourense

 

Na Biblioteca temos un Samaín de medo!

Curtametraxes de terror, Obradoiros de cicatrices e efectos terroríficos, Os vampiros existen, Descubre o enigma de Fibonacci ou perderás unha man, e unha magnífica selección de literatura de terror agardan por ti!  

Compartimos palabra con Juan Tallón

Divertida e magnífica sesión con Juan Tallón. Grazas, Juan, agardámoste na próxima obra!   Achegámonos a Obra maestra :    Co O dunha obsesión que comeza para o autor no 2009, despois de visitar o Reina Sofía con César Aira e que o leva a desenvolver un exhaustivo labor de documentación durante 10 anos ata dar coa clave para poder contar uns feitos reais e que estes parezan unha novela. Un proceso duro, porque algúns proxectos non saen á primeira, nin á terceira senón á última e   que- coma no amor- ten fases de entusiasmo e de decadencia. Co B de boquete que se abre na fachada do museo para facer pasar a escultura de Serra coa pluma dunha grúa e tamén co B de boca aberta que nos queda ao entrarmos no porto franco de Ginebra e ver que alberga máis dun millón de obras de arte dun valor tan incalculable que non disporiamos dun papel suficientemente ancho para escribir todos os ceros. Arte para non ver, senón para evadir impostos, da que algúns privilexiados aos que lles gusta ter r

Estamos de celebración

E presentámosche a nosa biblioteca

Juan Tallón visítanos o martes

Recorda que este martes temos encontro literario con Juan Tallón. Podes seguir o autor en A vivir que son dos días . 

XVIII Concurso Literario de Relato Curto e Poesía, participa!

  HOMENAXE A RITA SUÁREZ AMADO XVIII CONCURSO LITERARIO DE RELATO CURTO E POESÍA BASES 1ª - Poderá participar todo o alumnado da ESO, Bacharelato e FP que o desexe. As bases serán publicadas na web do instituto e será comunicado a todos os centros da Comunidade Autónoma.   2ª - Estableceranse tres niveis de participación:             I.-    1º e 2º de ESO.             II.-   3º e 4º de ESO.             III.- Bacharelato.   3ª - As obras poderán vir redactadas en Lingua Galega ou en Lingua Castelá.   4ª - O tema será de libre elección polo autor/a. Os relatos ou os poemas deberán ser orixinais na súa totalidade, rigorosamente inéditos. Así mesmo establécese que non poderán ter sido premiados nin seleccionados nun concurso literario anterior e igualmente que unha mesma persoa non pode obter dous premios. 5ª - Nos traballos presentados non constará o nome ou identificación do autor/a, e asinaranse con pseudónimo. Presentaranse   nun sobre grande pechado en cux