Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

Compostela no Medievo: Códice Calixtino

Como era a nosa cidade no século XII? Con que perigos se enfrontaba o peregrino que chegaba de Francia? Que pobos e que igrexas ían nacendo á par do camiño? Destes e doutros aspectos de interese dá conta a Guía do Peregrino, libro V do Códice Calixtino, unha xoia da literatura e da música medieval, da que nos falan María, Ane, Sofía e Nerea Yanina.   

M. Casares: "A miña patria é o teatro, a miña terra é Galicia e o meu país é a España refuxiada..."

O alumnado de francés segue a investigar sobre a figura dunha galega universal: María Casares.    

O alumnado de portugués rende homenaxe a Saramago no ano do seu centenario

O alumnado de portugués,  coa lectura de textos de Saramago, dá o pistoletazo de saída aos actos cos que dende o IES Xelmírez I queremos honrar o autor portugués no ano do seu centenario. 

On parle de Maria Casares...

Nous voulons vous faire découvrir cette artiste de culte en France qui s'est toujours sentie galicienne... Ses rôles au théâtre restent toujours une référence! María Casares a joué aussi dans les chefs d'oeuvre du cinéma français, comme Les enfants du paradis ou Les Dames du Bois de Boulogne. Une figure essentielle de l'art du XXè siècle!   

Compostela no Medievo: Pergamiño Vindel

Galego era a lingua na que trobaban os reis e o pobo. As composicións recolléronse en Cancioneiros e Pergamiños que empregaban os xograres para a súa interpretación. Do máis famoso deles, que se atopa na J. Pierpont Morgan Library de Nova York, dannos conta Enrique, Xián, Fátima e Miguel.

Radio na biblio: Compostela no Medievo

Deixarémosvos nos próximos días algúns falangullos elaborados polo alumnado de 3º ESO na materia de Lingua e Literatura Galega, nos que os seus autores e autoras investigaron sobre o Medievo en Compostela. Coñecer a importancia da nosa cultura e da nosa historia para tecer identidade e poder valorar o alleo dende o orgullo do propio. Este é o principal obxectivo deste traballo elaborado no marco do proxecto educativo SEMGAL.   Subscríbete ao noso programa!

O traballo na Biblio ten recompensa!

Os usuarioss e usuarias máis participativas viron recompensado o seu esforzo e soltaron adrenalina na tirolesa das minas! Ademais fixeron un percorrido guiado pola mina de Vilaoudriz e aínda tiveron ocasión de dar un baño na praia das Catedrais.   />

E ti, es neofalante?

Se es neofalante ou estás pensando en selo, este é o teu espazo web . Nel sentirás que formas parte dunha comunidade de neofalantes coas mesmas ansias e as mesmas dificultades ca ti. Benvido!