Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

25 de novembro: contra a violencia, educación

Sen pólvora e cun ramo de magnolias Algúns reclaman a liberdade pro meu pobo. Eu, en troques, esixo tenrura pro meu sexo.                      Carlos Negro Un ano máis o Equipo de Igualdade promoveu a conmemoración dunha data que queremos borrar do calendario. Mentres tanto, cómpre educar para que o feminismo non sexa unha zona de acceso restrinxido.   

Filmírez descubrirache os segredos das películas baseadas en obras de Julio Verne

Cando se cumpren 120 anos da emisión de Viaje a la luna (Méliès, 1902)- considerada a primeira película de ciencia ficción da historia do cinema- Spencer descubriranos os segredos deste e doutros filmes baseados en obras de Julio Verne.  Non faltes ao club de cine este mércores ás 15:00, unha sesión con Spencer é sempre un luxo que estamos poñendo ao teu alcance!

Se pertences ao Club de 1º ESO, recorda que temos unha cita lectora o vindeiro martes

 

Bibliotecas Escolares elixe o noso PDI Tecendo Identidade(s) como mostra de bo facer

Tecendo Identidade(s) , un dos proxectos desenvolvidos o curso pasado pola nosa biblioteca, foi elixido  como mostra de bo facer pola Consellería de Educación que nos convidou a presentalo este sábado nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. Parabéns aos 12 departamentos e 20 docentes que o desenvolveron nos cursos da ESO e en 1º de Bacharelato.  Telexonal TVG.

O club de portugués abre as súas xuntanzas co Conto da ilha desconhecida

 

As XelmilectorXs entrevistan a Adrián Noia

Senlleiras, de Antía Yáñez, a lectura elixida polas lectoras de 4 ºESO

 

Hoxe foi tarde de encontro literario

Hoxe os 15 Xelmilectorxs de 3º ESO intercambiaron impresións de lectura co autor de O país dos raposos , o noso benquerido Adrián Noia, que visita por segunda vez neste curso a Biblioteca do centro. Algúns dos seus antigos profesores tampouco quixeron perder o encontro. Grazas a Inés Ramil polo precioso debuxo que lle fixo mentres el falaba e que lle regalamos ao final da sesión . Os Xelmilectorxs volverán xuntarse o 10 de xaneiro arredor doutra obra de autoría galega, neste caso O derradeiro libro de Emma Olsen , ogallá nos poida acompañar Berta Dávila .     

IX Certame Literario de VIAQUA, participa!

      BASES DO CERTAME O  IX Certame Literario de VIAQUA ten como obxectivo contribuír á difusión da cultura da auga, así como fomentar a participación activa da mocidade no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura. Participantes:   Poderán presentarse persoas de calquera nacionalidade, con lugar de residencia en España entre as idades de 12 e 17 anos, que cursen estudos en centros educativos e de Formación Profesional   Categorías : Alumnado de 1º e 2º da ESO; Alumnado de 3º e 4º ESO Alumnado de Bacharelato e FP   Poden presentarse dous tipos de relatos : Relato curto clásico : un relato en formato narrativo non superior a 200 palabras. Relato curto creativo : un relato con formato aberto (poesía, cómic, fotografía e texto...) no que o texto non supere as 200 palabras. Cada autor/a poderá presentar un máximo dun microrrelato inéditoescrito en lingua galega ou castelá. Requisitos que deben reunir os relatos curtos: Deberá e

Facemos arte na Biblio!

A Biblioteca convértese por veces nun espazo onde a creatividade e a arte medran ás súas anchas. Así ocorreu onte nunha magnífica sesión impartida por Natalia Val na que o alumnado de 2º de Bacharelato creou á maneira de Hervé Tullet , un artista francés con vocación didáctica.  Os nosos artistas realizaron un ditado no que ían debuxando o que a súa profesora lles indicaba. Deste xeito perdían o medo ao acto creador e entendían a obra de Tullet. O resultado á vista está: esta preciosa obra abstracta de gran formato e creada dun xeito cooperativo e lúdico.     

Premio San Martiño de normalización lingüística para Tanxugueiras

Lecturas que arreguizan o sangue!