Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Somos premio Cineduca!

ConCienciAcción polo Clima vén de ser recoñecido no certame Cineduca cun terceiro premio! Con el podemos achegarnos  ao ciclo de produción do berberecho dende a súa extracción na ría de Noia ata a súa distribución e venda na Praza de Abastos de Compostela. Un proxecto que buscaba darlle a coñecer ao alumnado a importancia da economía circular e do consumo responsable, ao tempo que construímos unha sociedade máis xusta, solidaria e sostible. Parabéns ao alumnado de 4º ESO, e as súas profesoras Teresa Varela (Cultura Científica) e Alexandra Pacheco (Lingua Galega), así como a Lucas Rey, José Antonio Cascudo, Roberto Rodríguez e ao alumnado de Vídeo e Son, responsables da produción técnica.   Se sentimos orgullo do premio acadado polo noso alumnado, non sentimos menos do magnífico discurso pronunciado por Manuel Aboal. Agradecid@s nós, Manuel, por ter alumnos coma ti que dan sentido ao noso traballo.

Bibiana Candia contesta o cuestionario lector de Palabras Compartidas

      O último libro que liches… Ellis Island , de Georges Perec. O libro que mudou o teu xeito de pensar… O maestro e Margarita , de Bulgakov. Un libro que relerías… sempre volvo aos Diarios de Franz Kafka. Un libro que recomendarías… a miña recomendación máis que dun libro é dunha autora:   Agota Kristof.   A súa triloxía Claus e Lukas é extraordinaria e, para quen prefira algo máis lixeiro,   recomendaría tamén La analfabeta , as súas memorias. Un dos primeiros libros que liches na escola… libro completo seguramente foi Memorias dun neno labrego , antes diso lémbrome de ler poemas soltos de Cantares Gallegos. O libro que non remataches de ler… Los detectives salvajes , de Roberto Bolaño. A autora ou o autor do que máis libros tes… Gonçalo M. Tavares. Un libro que esteas a ler… Los astronautas , de Laura Ferrero (estará oficialmente á venda nun par de semanas, creo) Un libro que levas tempo querendo ler… Sombras sobre el Hudson de Isaac Bashevis Sing

O fruto prohibido nos Martes Lila

Este martes, Carme Moure e as súas alumnas dos Martes Lila comentarán un excelente cómic chegado de Suecia: feminista, cáustico, instrutivo e terriblemente divertido. 

Navegamos con Tristán Ron

Emotiva a xornada que este martes organizou o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega para acoller a presentación de O navegante. Unha viaxe a bordo da Sala Nasa , de Tristán Ron.  Non podía ser doutro xeito xa que a obra congregou arredor de si a antigos alumnos de Vai no dentista , a alumnos actuais do club de lectura de cómic, a antigos profesores e profesoras de Tristán... A presentación da publicación, cunha lectura moi traballada, correu a cargo do escritor Adrián Noya; a música en directo interpretouna Unai de Larrínaga, ambos os dous amigos de Tristán e ex alumnos deste centro.  Que grato velos medrar e sabelos parte do Xelmírez!  Beizóns.  

23 de abril: Día da Amiga/o Invisible no Xelmírez I

 

Carme Vidal: Syra Alonso exiliouse porque non quería ver os seus fillos cantando o Cara al Sol

Xiana, Manuel e Ada entrevistan a muller que máis sabe sobre Syra Alonso; estamos a falar de Carme Vidal, a súa biógrafa.

Sabela Hermida fálanos sobre María Casares e Casares Quiroga

Constanza Dapena e Carlota Real, alumnas de 1º de Bacharelato, entrevistan a Sabela Hermida, unha actividade que tenta poñer en valor as mulleres significativas na II República no marco do proxecto Tecendo Identidade(s) na II República.   

Feliz Día da Poesía

 

Filmírez volve este xoves!

Filmírez, o club de cinema do Xelmírez, volve este xoves e farao para analizar dúas obras clásicas que son todo un referente: A máquina do tempo e As viaxes de Gulliver. Agardámoste, coma sempre, ás 15 h. na Biblioteca.   

Mércores 22, Tristán Ron presenta na Biblioteca O navegante. Unha viaxe a bordo da Sala Nasa

Sabías que a Sala Nasa está ao lado do noso instituto e que pasas por diante dela todos os días? Sabías que a comezos dos anos noventa, cando aínda se respiraban os aires de liberdade da Transición e a creatividade sen par dos 80, o Grupo Chévere abre esta sala que nos ofrecerá concertos, teatro de vangarda e iniciativas culturais de todo tipo? Achegaranos a ela un guía de luxo, Tristán Ron, que a viviu dende dentro e foi alumno do noso centro.  Contamos contigo este mércores 22 de marzo, ás 17:30 h, na Biblioteca para a presentación de O navegante. Unha viaxe a bordo da Sala Nasa.  

A mellor viaxe, un libro: A arañeira

Desmobilizado, como milleiros de soldados, ao rematar a Gran Guerra, Theodor Lohse atópase sen a brillante carreira militar coa que esperaba ocupar un lugar na vida. Porén, a convulsa República de Weimar logo lle ofrecerá outras vías para dar saída ás súas ambicións.  

De interrail con Andrea Maceiras

Ao alumnado do club de lectura de 3º ESO gustoulles tanto a obra Europa Express , de Andrea Maceiras que se lles deu por marchar un par de horas polos destinos que percorreron os protagonistas. Iso si, cunha pequena axuda do Croma!  

Nee Barros preséntanos Identidade

Escoita as razóns que che dá Nee para poder conseguir o seu libro de balde!  

Compartindo palabra arredor de Azucre

Sorprendente foi para moitos de nós o descubrimento de Bibiana Candia e sorprendente tamén o lado máis escuro da emigración cubana que ela nos amosa nestas páxinas. Con Orestes, co Rañeta, co Tísico e co  Comido navegamos por un mar no que só existen dúas coordenadas: o porto de partida e o porto de chegada.  Benvido, Manel, e grazas polas túas achegas. As vitrinas, coma sempre, son obra de Carme Moure.